Thursday 19 de September de 2024

Vinte contratados posdoutorais poderán acceder a 20.000 € para abrir a súa propia investigación


A Consellería vén de adxudicar axudas á primeira promoción que completou con avaliación positiva a formación inicial da fase posdoutoral
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de resolver a convocatoria de axudas posdoutorais no referido á modalidade B, unha liña posta en marcha polo actual Goberno galego. A devandita modalidade refírese ás axudas que se lle concederán a 20 investigadores pertencentes á primeira promoción de posdoutorais que, tras completar na modalidade. A súa formación inicial e acadar unha avaliación positiva, acadan agora un contrato de dous de duración nunha universidade do SUG, que lle permitirá dar continuidade á súa carreira investigadora posibilitando un perfeccionamento na súa formación. Así, complétase a formación posdoutoral, acadando os 5 anos previstos na Lei da Ciencia.

Deste xeito, veñen de adxudicarse un total de 20 axudas, ás que se destinan máis de 1,8 millóns de euros, e que se dividen no importe dirixido a sufragar a contratación por un período de 2 anos cunha retribución bruta anual de 36.000 euros, e na axuda individual complementaria para o establecemento dunha liña propia de investigación, que acada os 20.000 euros. Así mesmo, tamén se financia un complemento por cada persoa contratada de 1.000 euros asociado aos custos de contratación. Do total das axudas, 10 son para a Universidade de Santiago de Compostela e 10 para a Universidade de Vigo.

Con este novo apoio á carreira investigadora o departamento educativo da Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso coa formación universitaria de excelencia e coa permanencia do talento dos nosos investigadores e investigadoras no Sistema de I+D+i galego. A resolución pode consultarse no Diario Oficial de Galicia, no enlace http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160721/AnuncioG0164-140716-0004_gl.html .

Avaliación e control de calidade
O obxectivo destas axudas é fomentar que as universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) contraten persoal investigador que foi beneficiario dun contrato cunha universidade da convocatoria do ano 2012 deste programa e que permaneceu nel ata o 1 de abril de 2016.

Polo tanto, as persoas superaron un proceso de avaliación de acordo con criterios de excelencia científica que permiten no seu conxunto a reversión na Comunidade Autónoma do investimento realizado no seu día e do capital de coñecemento adquirido durante os 3 anos anteriores nos que desenvolveron a modalidade A da bolsa posdoutoral.

As persoas seleccionadas no contexto desta modalidade B deberán superar no último ano de contrato un proceso de avaliación da actividade investigadora desenvolvida para os efectos de obtención do certificado de cumprimento dos requisitos de calidade de produción e actividade científico- tecnolóxica que impliquen unha traxectoria investigadora destacada.

Estes contratos enmárcanse no apoio á investigación impulsado polo Goberno galego que se materializa en dúas liñas para a formalización dun total de 175 contratos científicos para os que se destinan máis de 16 millóns de euros: Unha para a etapa predoutoral (con 100 contratos) e outra para a posdoutoral (75 contratos).